OBRADOIRO DESTINADO ÁS FAMILIAS E PROFESORADO Educando (Construíndo) masculinidades disidentes

 

 

Bos días,
Os invitamos a participar no Obradoiro destinado ás familias e ao profesorado promovido polo ANPA.

Obradoiro impartido por  Jorge García Marín  autor do Libro  «Papá, por que non pintas as unllas de cores?»
Será o día 5 de novembro de 18 h a 19.30 h.
Remitiremos a ligazón do obradoiro o día anterior ás familias socias, e aquelas persoas interesadas en participar que non sexan socias: poden escribirnos ao mail dá ANPA: anpa.garcia.barbon@gmail.com para anotarse.
Un saúdo

Obradoiro familias e profesorado

Asamblea Xeral

Estimadas familias socias,  convocamos  Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria da ANPA “A Barxa” do CEIP García Barbón que terá lugar o martes 3 de novembro de 2020 a través de plataforma dixital (será enviado o enlace da reunión previamente ás familias socias).

A Asemblea Xeral Ordinaria comezara ás 18:00 horas en primeira convocatoria e ás 18:30 horas en segunda convocatoria

Os temas que se tratarán na Orde do día son:

  1. Sometemento para aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Exposición do estado de contas da ANPA e sometemento para aprobación do balance das contas do curso pasado (2019/2020) e presuposto do curso actual (2020/2021).
  3. Votación das novas tarifas do comedor.
  4. Presentación plan de actividade a executar durante o curso escolar 2020-2021.
  5. Rogos e preguntas.

A Asemblea Xeral Extraordinaria comezara ás 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria

Os temas que se tratarán na Orde do día son:

 

  1. Designación e renovación da Xunta Directiva.

 

A Vicepresidenta

Maite Pena Rodríguez

Comezo do Comedor

Despois de tanto tempo esperando, por fin podemos comunicar o comezo do servizo de comedor o próximo LUNS 19 DE OUTUBRO.
Informamos das novidades para este curso 2020/21 pola necesidade de cumprir co protocolo redactado pola Xunta de Galicia para este servizo.
E moi importante que leades o documento adxunto para saber ademáis de como vai a organizarse o comedor, cal vai ser o horario de recollida do alumnado.

Nota comedor