A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo propoñenos as Xornadas de Coeducación: “Perspectivas e retos para a prevención da violencia de xénero” que organizamos os días 2 e 3 de decembro de 2020, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Relatoras como Mª Sonia Fernández Casal, Luz Castro Pena, Marián Moreno Llaneza e Carmen Ruíz Repullo compartirán con nós experiencias e ferramentas para acadar os obxectivos da xornada.
Obxectivos:
Fomentar a coeducación como ferramenta de prevención de violencia de xénero e e promoción da igualdade, amosando modelos coeducativos que favorecen a aprendizaxe de vivir en igualdade.
Achegar novas ferramentas didácticas coeducativas que facilitan a identificación e o traballo na prevención da violencia de xénero.
Persoas destinatarias:
Profesorado e comunidade educativa en xeral
Entidades que realizan a súa intervención no eido educativo
Asociacións de mulleres da cidade
Temporalización:
2 e 3 de decembro de 2020
7 horas e 30 minutos
Ubicación:
Día 2 de decembro en modalidade presencial no Auditorio Municipal. Aforo limitado. Por razóns sanitarias do momento en relación coa COVID-19 a organización poderá trasladar esta sesión a modalidade on-lineDía 3 de decembro en modalidade on-line
Diploma:
A Concellería de Igualdade do Concello de Vigo emitirá diploma acreditativo ás persoas que asistan á totalidade das xornadas, realizando control de asistancia nas dúas sesións.
Inscrición:
Prazo de inscrición aberto ata cubrir prazas
As persoas interesadas en asistir a estas xornadas deberán cubrir o folla de inscrición adxunta (está en formato editable) e enviala cuberta ao seguinte enderezo electrónico: xornadas.igualdade@vigo.org ou a través do fax 986 430 082
As prazas outorgaranse atendendo á orde de inscrición e ás persoas e colectivos aos que van dirixidas.As persoas que obteñan praza recibirán confirmación por parte da organización das xornadas.
PROGRAMA:
Máis información sobre o programa: contidos, relatorios, horarios, etc, no programa adxunto en formato .pdf e .jpg