Banco de Libros

banco_de_librosLembramos a todolos pais/nais de alumno/as que participen no banco de libros que o día de recollida  será o Xoves 3 de Xullo de 11:00 a 13:00. Os nenos/as que pasen para 6º de primaria tamén poden vir a recoller libros.

A Festa «fin de curso»

Cartel FliSol 2012 (Propuesta 1)O vindeiro venres 20 de xuño, a partir das 17:00 h da tarde, terá lugar no patio do colexio unha SUPERFESTA DO MÁIS DIVERTIDO, na que haberá moitas sorpresas, todas elas para pasar un bo rato. Para poder acceder ao Centro será necesario presentar a invitación, as cales estarán a vosa disposición no local do ANPA a partires do luns 16.

Os nenos/as usuarios/as de comedor teñen que ser recollidos as 16:00 h. non poden quedarse dentro do centro ata o comezo da festa.

Prezos da festa: Socios da ANPA: 1 entrada de balde por cada membro da unidade familiar (alumnos/as, pais e nais) exemplo: 2 irmáns alumnos e seus pais = 4 entradas de balde. A maiores poderanse coller 2 entradas a 1 € cada unha.
Non socios: 5 € cada entrada.

Roupa perdida

ropaLembramos a tódolos pais/nais e alumnos/as do centro que na última semana do curso toda a roupa que se encontra perdida no local do ANPA doárase a unha asociación en favor dos máis necesitados. Todos aqueles que queiran recuperar a súa roupa poden pasar polo local ata o mércores 18 de Xuño.

Banco de Libros

librosInformamos a tódolos/as alumnos/as que participarán no banco de libros, que as datas de entrega e recollida de libros son as seguintes:

  1. Entrega: xoves 19 de xuño. Tódolos/as nenos/as terán que traer os libros ao colexio nunha bolsa co seu nome por fora. O longo da mañá pasarase a recollelos polas aulas.
  2. Recollida: xoves 3 de xullo.  Repartiranse os libros entre tódolos solicitantes entre as 11:00 e as 13:00 h. da mañá na sala de usos múltiples do centro.

Agradecer de antemán a vosa colaboración e lembrar a importancia de facer un bo uso dos libros de texto para que moitos nenos/as poidan beneficiarse dos mesmos.

NON ESQUEZAS os billetes para ás Cíes

Billetes_cies_web
Si apuntácheste e pagaches a excursión ás Cíes do cole de este domingo, lembra que é necesario que pases polo local da ANPA a recoller os billetes, xoves ou venres, sen os cales non che deixarán subir aos barcos o domingo.