Comeza: Intelixencia Emocional

intelixencia_emocional

Informamos a tódolos pais/nais dos/as alumnos/as que solicitaron a actividade de «intelixencia emocional» que finalmente sí levarase a cabo e que comezará este mércores día 1 de outubro ás 16:00h.

 

Actividades : Coliseum e KIAP

charlainformativaLembrar a todos aqueles/as alumnos/as que solicitasen actividades no Coliseum (piscina, danza e karate) teñen que pasar por alí para formalizar os horarios e tamén tedes que ir polo KIAP para confirmar a actividade de Taekwondo.

 

Actividades canceladas

cancelado

As seguintes actividades, polo de agora, non se levarán a cabo debido a non ter o número mínimo de nenos/as:

  • Lingua de signos
  • Intelixencia emocional
  • Vela está pendente de confirmación

 

 

Actividade: Piscina (Naútico)

vigo_natacionTodos os/as alumnos/as que aparezan no listado da actividade «Piscina (Naútico)» do tablón da ANPA xa poden proceder a facelo pago (70 euros/curso) da piscina na conta da ANPA, especificando a nome do/a neno/a e a piscina.
IBAN ES68 0049 5470 5928 1610 6899
A actividade dará comezo o Xoves día 9 de outubro, para que tódolos colexios teñan o mesmo número de clases.

 

Información das Actividades

charlainformativaMañá, xoves 25 ás 16:30, na asamblea xeral da ANPA informarase especialmente das seguintes actividades que detallamos. Pregamos a tódolos pais/nais de alumnos/as que estean interesados asistan a reunión:

VELA : estará presente o coordinador da escola de vela de Bouzas. Que presentará a actividade os pais/nais e explicará as posibilidades de que a actividade se leve a cabo.

BALONCESTO: estará presente o monitor da actividade de baloncesto para explicar a problemática que existe este ano cos equipos e os horarios da actividade.

INTELIXENCIA EMOCIONAL: estará presente a persoa encargada de levar a cabo a actividade de intelixencia emocional, para explicar en que consiste.

Asemblea Xeral da ANPA

directiva_ANPAConvócase asemblea xeral o próximo xoves día 25 de setembro ás 16:30 horas en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:

1. Situación actual do comedor:
    a. Estado das solicitudes.
    b. Aprobación de quendas.
2. Actividades extraescolares.
3. Estado e aprobación das contas exercicio 13-14.
4. Disolución da Xunta Directiva e convocatoria de eleccións.
5. Rogos e preguntas.

Xunta directiva da ANPA “A Barxa” do CEIP García Barbón

Aula mediodía

[ File # csp0258605, License # 1464667 ]Licensed through http://www.canstockphoto.com in accordance with the End User License Agreement (http://www.canstockphoto.com/legal.php)(c) Can Stock Photo Inc. / prawnyO ANPA do CEIP García Barbón quere por en marcha un servizo de conciliación da vida laboral, persoal e familiar, o AULA DE MEDIODÍA, de 13:45 a 15:00 h., a partir do 1 de outubro, sempre e cando houbera a demanda suficiente. Levarase a cabo na sala de usos múltiples do colexio e estará atendida por unha monitora especializada. Todos aqueles alumnos/as que estean interesados en asistir a este aula, deberán entregar esta solicitude no local do anpa ata o día 19 de setembro.

Podedes descargar aquí o formulario de inscripción para entregar no local da ANPA.

Actividades Extraescolares 2014-2015

logo-anpa
Informamos a tódolos pais/nais de alumnos/as do centro, que o prazo de presentación de solicitudes para as actividades extraescolares é dende o 16 ao 19 de setembro.
Como tódolos anos, as inscricións van por orde de entrada. Os impresos irán nas mochilas dos/das nenos/as.
Neste documento podedes ver o detalle das actividades extraescolares (ou clicando máis abaixo) que conseguimos ofertar para este curso e tamén serve para solicitalas cubríndoo e entregándoo no local da ANPA no colexio.
NOTA: Informamos que existe un erro no cadro de actividades. A actividade de multideporte ofértase unicamente para alumnos/as de educación infantil (3 a 5 anos). Non como reflexa o mesmo, a partir de 3 anos.
Podedes de descargar aquí toda a info.