Cartel FliSol 2012 (Propuesta 1)O vindeiro venres 20 de xuño, a partir das 17:00 h da tarde, terá lugar no patio do colexio unha SUPERFESTA DO MÁIS DIVERTIDO, na que haberá moitas sorpresas, todas elas para pasar un bo rato. Para poder acceder ao Centro será necesario presentar a invitación, as cales estarán a vosa disposición no local do ANPA a partires do luns 16.

Os nenos/as usuarios/as de comedor teñen que ser recollidos as 16:00 h. non poden quedarse dentro do centro ata o comezo da festa.

Prezos da festa: Socios da ANPA: 1 entrada de balde por cada membro da unidade familiar (alumnos/as, pais e nais) exemplo: 2 irmáns alumnos e seus pais = 4 entradas de balde. A maiores poderanse coller 2 entradas a 1 € cada unha.
Non socios: 5 € cada entrada.