Asamblea Xeral

Convócase asemblea xeral o próximo mércores día 11 de xuño ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta anterior, se procede.
2. Información sobre FOANPAS (*)
3. Campamento de verán / Comedor
4. Información sobre as actividades
5. Próxima convocatoria de eleccións
6. Rogos e preguntas

(*) Xestionaremos que acuda a charla un membro de FOANPAS

A Xunta directiva da ANPA “A Barxa” do CEIP «García Barbón»

Todo o cole de viaxe ás illas Cíes

vigo_islas_ciesComo sabedes a excursión organizada pola ANPA do cole xa ten cheos os 2 barcos de 240 prazas cada un. Recordade que:
1º barco: saída dende Vigo ás 11:00 – e regreso ás 19:30
2º barco: saída dende Vigo ás 12:30 – e regreso ás 20:30
En vista de que hai máis xente interesada podemos xestionar billetes nun 3º barco que sae no mesmo horario que o 2º barco pero con xente da rúa (non do cole) e o prezo sería o mesmo (9 euros adultos e nenos gratis para socios da ANPA e 9 euros para adultos e nenos non socios).