vigo_islas_ciesComo sabedes a excursión organizada pola ANPA do cole xa ten cheos os 2 barcos de 240 prazas cada un. Recordade que:
1º barco: saída dende Vigo ás 11:00 – e regreso ás 19:30
2º barco: saída dende Vigo ás 12:30 – e regreso ás 20:30
En vista de que hai máis xente interesada podemos xestionar billetes nun 3º barco que sae no mesmo horario que o 2º barco pero con xente da rúa (non do cole) e o prezo sería o mesmo (9 euros adultos e nenos gratis para socios da ANPA e 9 euros para adultos e nenos non socios).