¿Queres ir a Balaídos?

foro_siareiros.netA peña celtista «siareiros.net» reservounos 10 entradas para o partido Celta-Ath.Bilbao (venres 3 de maio ás 21:00) para a grada de Río Alto por tan só 5 euros. Os interesados contactar directamente coa peña no correo info@siareiros.net indicando que sodes pais/nais do colexio e diranvos a forma de pago e de entrega. Como non son moitas darvos présa.

Asemblea da ANPA

logo-anpaCo motivo da folga convocada para o día 9 de Maio a xunta directiva da ANPA organiza unha asemblea para decidir o seguimento da mesma, que terá lugar no salón de actos, o próximo xoves día 2 de Maio ás 18:00 horas en primeria convocatoria e ás 18:10 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día: – Motivos da folga  -Votación a favor ou encontra da mesma.

A xunta directiva da ANPA “A Barxa” do CEIP García Barbón

Sondaxe de actividades

logo-anpaDe cara o curso que ven 2013/2014, e co motivo de organizar as actividades extraescolares de forma máis axeitada, dende o ANPA gustaríanos facer unha sondaxe entre os pais e nais do colexio para saber cantos estarían interesados nas seguintes novas propostas de actividades que podedes ver nesta folla. A idea e que marquedes cunha (X) aquelas actividades nas que estariades interesados e logo a entreguedes no local do ANPA. En base a esta información ofertaremos ou non ditas actividades o vindeiro curso. A data límite de entrega e o 2/05/13.

Praza no comedor: 2013-2014

anpa_comedor– O servizo de comedor do CEIP García Barbón está xestionado pola Asociación de Nais e Pais do centro (ANPA «A Barxa»)
O prazo para presentar as solicitudes de praza no comedor e do 2 ao 16 de Maio de 2013.
– Os impresos de solicitude enviaránse nas mochilas dos nenos e estarán dipoñibles no local da ANPA ou na web pero deberan rexistrarse na ANPA.
– Os solicitantes de Bolsa de Comedor do Concello deben presentar a solicitude de praza a ANPA para poder optar a unha praza. A concesión da bolsa por parte do Concello non implica ter praza no comedor.
– Publicaráse a listaxe de admitidos no servizo de comedor o día 13 xuño de 2013
– Para resolver calquera dúbida en relación ao servizo de comedor ou o procedemento de solicitude de praza, prégase se poñan en contacto coa Asociación a través do email: anpa.garcia.barbon@gmail.com ou atención personal ou telefónica (660 175 215) en horario de 9:00 a 9:30 e de 16:00 a 19:00.

Lembrade a gorra e a crema

MET-AJ-1-NANOEstimados pais/nais de alumnos usuarios/as do comedor. Coa chegada da primaveira e o bo tempo, recordamos a todolos pais e nais que no se olviden de meter na mochila dos nenos unha viseira, gorra ou similar e unha crema solar para ter os nenos protexidos nas horas de maior exposición o sol.

As/os cuidadoras/es do comedor encargaránse de que os/as nenos/as saian o patio coa viseira e de recordar e por a crema a todolos nenos que necesiten axuda.

Foro das nais e pais

sobre

Nace coa idea de ter unha forma de estar en contacto os pais e nais do colexio para intercambiar información. Tedes en toda a información na web.

Todos os días chégannos informacións de actividades que podería ser interesante poder reenviároslas por correo porque seguro que moitas delas interésanvos.

Axudas municipais

concelloInfórmase que o prazo para solicitar as axudas municipais de libros e comedor abrirase o próximo día 2 ata o 16 de Maio. Próximamente estarán a vosa disposición os foietos e solicitudes no local da ANPA.