Informarvos que xa tedes disponible o menú do “comedor escolar” correspondente o mes de Abril 2013. Lembrade que atópase clicando na páxina “Comedor” e seleccionando logo o mes adecuado
Archivo por meses: marzo 2013
Sobre a saída do comedor
Semana Santa no IFEVI

Asemblea da ANPA
A ANPA «A Barxa» do CEIP García Barbón, convoca aos pais/nais membros a unha asamblea que terá lugar o próximo venres día 22 de Marzo ás 16:15 horas en primeira convocatoria e as 16:30 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1- Comedor. 1.1- Situación actual. 1.2- Novos horario 1.3- Ratificación dos turnos do comedor. 2- Rogos e preguntas.
Asdo: Xunta directiva da ANPA
O menu de Marzo
Perdoar o atraso. Informarvos que xa tedes disponible o menú do “comedor escolar” correspondente o mes de Marzo 2013. Lembrade que atópase clicando na páxina “Comedor” e seleccionando logo o mes adecuado.
Horarios de saída do comedor
Por motivos de seguridade e como unha mellora do servizo de comedor, haberá dúas horas de recollida dos nenos/as beneficiarios do mesmo.
Para poder escoller o novo horario é necesario cubrir un formulario que levarán hoxe os nenos/as nas mochilas (ou podes descargar aquí) e teras que entregalo no local da ANPA antes do 20/03/2013 (incluido). O cambio na forma de recollida farase efectiva a volta das vacacións de semana santa. Todos aqueles usuarios do comedor que non especifiquen o horario de recollida entregaranse na segunda quenda (como ahora).