O entroido en Vigo

entroido2013Lembrade que o vindeiro venres 8 pola tarde celebrarase no cole a festa do entroido de todos os anos (pasade a recoller as entradas no local da ANPA). Pero si queredes coñecer todas as actividades relacionadas co entroido que se farán na nosa cidade organizadas polo concello, podedes consultalas aquí.

Mesa redonda: LOMCE

miniFOANPASFOANPAS infórmanos que a “Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público” organiza un coloquio-mesa redonda sobre a LOMCE, este luns 4 de febreiro ás 18.30 h. na Casa da Cultura Galega, praza da Princesa, Vigo.
Intervirán: Bieito Álvarez Lobariñas (Profesor e Delegado da Cig-Ensino); Carme Adán (Deputada do BNG); Daniel Candal (Asociación Estudantil Comités); Bertila Fernández (Portavoz de FOANPAS).