Bos días,
lembrámosvos que o comedor escolar empeza o luns 8 de setembro.
Horario de saída:
• 1 quenda (4º de infantil a 2º de primaria) 15:00-15:45h
• 2 quenda (3º a 6º de primaria) 15:30-16:00h
Lugar: no patio do colexio, haberá un monitor/a con unha listaxe para anotar ao alumno/a que lle veñen a buscar.
Importante: se se vai só/a ou vin outra persoa distinta aos titores legais debedes cubrir o documento de autorización correspondente.
Documentos:
Saída so/a: https://forms.gle/bmfnovRKJNz7cN8q8
Autorización de recollida: https://forms.gle/nut5oWMn8zu5iYwz9
Prezos: aínda están pendentes de confirma para este curso 2025-2026 • O comedor pásase a primeiros de mes do mes actual
• As baixas e modificacións de comedor antes do 20 do mes anterior.
Se ten algunha intolerancia ou alerxia alimentaria por favor mandar o informe médico canto antes para solicitar a súa dieta.
As normas de comedor podedes atopalas na nosa web, o descoñecemento destas non exime do seu cumprimento.
Se se vai a facer uso esporádico avisar polas canles habituais.
O alumnado de 4º de infantil incorporarase a comedor unha vez terminado o período de adaptación, se necesitas algún cambio por favor comentárnolo canto antes.