O vindeiro venres 8 pola tarde celebrarase no cole a festa do entroido de todos os anos.
As entradas para socios e non socios xa están dispoñibles no local da ANPA, podedes pasar a recollelas ata o vindeiro xoves 7 pola mañá (estas son gratuitas para os membros da ANPA e custan 2 euros para os que non o sexan).
Para esta festa non se recollerá comida no local da ANPA, quen queira que traia a merenda para os seus fillos.
Archivo por meses: enero 2013
Reunión informativa
Sobre as meninxites
Os xefes territoriais de educación e sanidade estarán este luns 28 ás 9:00h no colexio para dar explicacións e resolver dúbidas sobre os posibles casos de meninxites detectados no noso colexio.
Mentres tanto para máis información ou ante calquera dúbida, podedes chamar aos seguintes teléfonos:
- Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra: 986 885 872 (de 8:00 ás 15:00)
- Atención Sanitaria da Consellería de Sanidade: 902 400 116 (as 24 horas do día, o 365 días do ano)
Tamén podedes consultar información sobre a enfermidade na web do sergas.
Convocatoria de FOANPAS
FOANPAS convoca aos pais e nais de alumnos para protestar contra o anteproxecto da nova «lei orgánica para a mellóra da calidade educativa» (LOMCE) que podes consultar integramente aquí e buscar máis información e opinións en internet: lavozdegalicia, farodevigo, escuela20, educadores21, elmundo, elpais….
O menú de xaneiro
Informarvos que xa tedes disponible o menú do “comedor escolar” correspondente o mes de Xaneiro 2013. Lembrade que atópase clicando na páxina «Comedor» e seleccionando logo o mes adecuado.
Novidades no comedor
A partir de xaneiro de 2013 o recibo do comedor pasará a ser dunha cota fixa ao mes. Esta cota virá determinada polo número de días que o alumno estea apuntado no comedor ao empezar o mes. Tamén informar que se poderá cambiar este número de días todos os meses entregando na oficina do ANPA unha solicitude antes do día 25 de cada mes.
Recórdase que se vai a facer cumprir o artigo 7 do reglamento do comedor escolar.
Para consultar os prezos ou cubrir o formulario para confirmar os días de asistencia utilizando este documento que entregamos na última asemblea.