Novidades no comedor

anpa_comedorA partir de xaneiro de 2013 o recibo do comedor pasará a ser dunha cota fixa ao mes. Esta cota virá determinada polo número de días que o alumno estea apuntado no comedor ao empezar o mes. Tamén informar que se poderá cambiar este número de días todos os meses entregando na oficina do ANPA unha solicitude antes do día 25 de cada mes.
Recórdase que se vai a facer cumprir o artigo 7 do reglamento do comedor escolar.
Para consultar os prezos ou cubrir o formulario para confirmar os días de asistencia utilizando este documento que entregamos na última asemblea.