Boas tardes, familias!
Queda aberto o prazo de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2025-2026.
O prazo permanecerá aberto desde hoxe ata o venres 19 de setembro ás 16:00 h.
Formulario de inscrición xeral:
https://forms.gle/w3vpG9xJzQ9oTk8i7
Pagamento da matrícula:
A matrícula deberá aboarse por transferencia bancaria á conta do ANPA, indicando no concepto o nome e apelidos do alumno/a rexistrado/a, antes do venres 19 de setembro ás 16:00 h.
• Se non se realiza o pago da matrícula no prazo establecido, a praza quedará automaticamente anulada.
• Se non se consegue praza en ningunha das actividades solicitadas, devolverase o importe íntegro da matrícula.
Lembrade:
• As prazas outórganse por orde de entrada das inscricións.
• Só poderán inscribirse as familias socias da ANPA que estean ao día de todos os pagos.
Moitas grazas pola vosa participación!