LigaNatacionEscolar2015

Estimados pais/nais,
A Concellería de Deportes do Concello de Vigo está a desenvolver a segunda edición da Liga de Natación Escolar Concello de Vigo orientada a todos/as aqueles/as nadadores/as  de educación primaria matriculados/as nos colexios da cidade de Vigo.
As xornadas desenvolveranse dende as 9:00 ata as 14:00 horas, podendo variar en función do nivel de participación, indicándose, en todo caso e con antelación suficiente, os posibles cambios os colexios participantes.
Datas:

  • Xornada 1: 01/02/2015
  • Xornada 2: 08/03/2015
  • Xornada 3: 26/04/2015

Horarios: As xornadas desenvolveranse dende as 9.00 hasta as 14.00 horas, podendo variar en función do nivel de participación, indicándose, en todo caso e con antelación
suficiente, os posibles cambios ós colexios participantes.

Inscrición: Todos/as aqueles/as interesados/as en participar na liga de natación, teñen que pasar pola ANPA a recoller a folla de inscrición e entregala cuberta (tamén a podedes descargar)
Data de inscrición: dende o 12/01/2015 ao 16/01/2015 (ámbolos dous incluídos).

Categorías:  +Promesas: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2007-2008 e 2009. +Benxamíns: nadadores masculinos e femininos nados nos anos 2003-2004-2005 e 2006.

Probas: En ambas categorías: 25 metros libres e 25 metros costas. Programa de probas en cada unha das xornadas: · 25 metros libres mixtos Promesas.· 25 metros costas mixtos Promesas.
· 25 metros libres mixtos Benxamín. · 25 metros costas mixtos Benxamín.

Competición e clasificacións: ◦ As probas nadaranse polo sistema contrarreloxo.◦ Os resultados serán acumulativos nas tres xornadas. ◦ Cada nadador ou nadadora debe participar en ambas probas (estilo libre e costas). ◦ Cronometraxe manual. ◦ A puntuación será 15, 12, 10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2 e 1 puntos dende o primeiro ate o duodécimo clasificado en cada proba.

Clasificación de colexios: Para a clasificación de colexios, a efectos de puntuación, se van ter en conta, como máximo, os 3 primeiros nadadores masculinos e as 3 primeiras nadadoras femininas por cada colexio, en cada proba e categoría, con independencia do número de nadadores que participen por cada colexio.

Participación e normativa:◦ Aberta: A competición está aberta a todos/as aqueles/as nadadores/as matriculados/as nos colexios de Vigo no ciclo educativo de primaria. ◦ Non existe limitación en canto ao número de nadadores/as que cada colexio poida inscribir en cada unha das probas a nadar en cada xornada. ◦ Cada nadador/a inscrito/a estará cuberto por un seguro de accidente contratado polo Concello de Vigo. ◦ Dentro da piscina, os/as nadadores/as deberán estar sempre acompañados por un/unha delegado/da representante de cada colexio. ◦ A Competición rexerase pola normativa federada vixente.

Premios:◦Medallas para todos/as os/as nadadores/as. ◦ Trofeo ao Colexio con maior nivel de participación ◦ Trofeo aos 3 Colexios mellor clasificados.