logo-anpa
Informamos a tódolos pais/nais de alumnos/as do centro, que o prazo de presentación de solicitudes para as actividades extraescolares é dende o 16 ao 19 de setembro.
Como tódolos anos, as inscricións van por orde de entrada. Os impresos irán nas mochilas dos/das nenos/as.
Neste documento podedes ver o detalle das actividades extraescolares (ou clicando máis abaixo) que conseguimos ofertar para este curso e tamén serve para solicitalas cubríndoo e entregándoo no local da ANPA no colexio.
NOTA: Informamos que existe un erro no cadro de actividades. A actividade de multideporte ofértase unicamente para alumnos/as de educación infantil (3 a 5 anos). Non como reflexa o mesmo, a partir de 3 anos.
Podedes de descargar aquí toda a info.