Informámosvos da iniciativa por parte do concello de Vigo (equipo de prevención), o orientador do centro e a ANPA, da realización das seguintes charlas:
- “Normas e límites: educar para previr”: 8 de Abril as 18:45 h. na biblioteca do centro.
- “Comunicación e resolución de conflitos”: 20 de Maio as 18:45 h. na biblioteca do centro.
Animámosvos a participar, xa que cremos que esta iniciativa é de interese para todos/as na procura de orientación e axuda no noso papel de educadores dos nosos fillos e fillas.