CeltatitularO concello de Vigo fíxonos entrega de entradas da grada de fondo(1) para asistir ao partido de fútbol Celta – Rayo Vallecano que se xogará en Balaídos o sábado 9 ás 22:00. O importe destas entradas é gratuito. Só entregaremos (no local da ANPA) un máximo de 4 entradas por familia e pedímosvos o compromiso de que só collades as entradas que realmente vades a utilizar para que así máis xente teña a oportunidade de ir ao partido. Xa as podedes recoller dende hoxe ás 13:45.
(1) A grada de Fondo é unha grada a pé de campo que está detrás dunha das porterías debaixo da grada de Marcador.