Entradas para o Celta-Villarreal

Celtatitular

O concello de Vigo fíxonos entrega de 80 entradas da grada de fondo(1) para asistir ao partido de fútbol Celta-Villarreal que se xogará en Balaídos o domingo 22 ás 17:00.
O importe destas entradas é gratuito. Só entregaremos (no local da ANPA) un máximo de 4 entradas por familia e pedímosvos o compromiso de que só collades as entradas que realmente vades a utilizar para que así máis xente teña a oportunidade de ir ao partido.
(1) A grada de Fondo é unha grada a pé de campo que está detrás dunha das porterías debaixo da grada de Marcador.