findecurso

 

 

 

 

O vindeiro venres 21 de xuño, a partir das 17:00 h da tarde, terá lugar no patio do colexio unha SUPERFESTA DO MÁIS DIVERTIDO, na que haberá moitas sorpresas, todas elas para pasar un bo rato (música, hinchables, talleres e festa da espuma).
Para poder acceder ao Centro será necesario presentar a invitación, as cales estarán a vosa disposición no local da ANPA a partires do venres 14.

Os Prezos son os seguintes:
Para as familias socias da ANPA: 1 entrada de balde por cada membro da unidade familiar (alumnos/as, pais e nais) ex: 2 irmáns alumnos e seus pais = 4 entradas de balde. A maiores poderanse coller 2 entradas a 1 € cada unha.
Para os non socios da ANPA: 5 euros cada entrada.

Faremos unha recollida de comida para a festa. Todos aqueles que queiran contribuír, poderán deixar a súa achega no noso local o mesmo día . Toda a comida debe vir elaborada (bocadillos feitos).
Dende a ANPA solicitamos a participación de todos os país/nais como voluntarios/as.
Grazas pola vosa colaboración.

hinchable2