O Concello de Vigo, a través do seu programa VERÁN XOVE 2025, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.

As actividades van dirixidas aos nenos e nenas nados entre os anos 2008 e 2021 da cidade de Vigo, sendo requirimento imprescindible estar empadroado/a no Concello de Vigo.

O prazo para realizar as solicitudes permanecerá aberto ata o día 9 de maio (todo o día).

Máis información:

https://campamentos.xuventudevigo.org/