
Dende o ANPA A Barxa estamos a organizar unha excursión guiada á Illa de Sálvora o sábado 10 de maio de 2025, destinada a familias socias. Trátase dun espazo natural pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, perfecto para descubrir en familia.
A excursión inclúe:
- Viaxe en barco desde o porto de O Grove
- Ruta guiada pola illa, con posibilidade de percorrer a ruta do faro ou a da antiga aldea
- Duración total aproximada da visita: 4,5 horas
Horarios orientativos:
- Saída: 10:00 h
- Regreso: 14:30 h
Prezos:
• Adultos: 26 €
• Nenos/as (menores de 12 anos): 15 €
Reserva obrigatoria – Data límite: 15 de abril
As prazas son limitadas e tramítanse por orde de inscrición (grupo mínimo de 40 persoas). Para poder xestionar a reserva e solicitar a autorización da Xunta, precisamos que cubrades o formulario canto antes.
Para formalizar a reserva:
- Cubrir o formulario:
https://forms.gle/oVL1unWeQahFEWdBA - Realizar o pago na conta do ANPA:
IBAN: ES51 0049 5470 5224 1610 6902
Concepto: SÁLVORA + apelidos + número de persoas - Enviar o xustificante a: anpa.garcia.barbon@gmail.com
Estamos a solicitar unha subvención para financiar un autobús de ida e volta desde o colexio, cun horario estimado de saída ás 8:30/9:00 h e regreso ás 18:00/18:30 h.
En caso de non obter finalmente dita axuda, o desprazamento ata o Grove deberá ser asumido polas familias, organizándose por medios propios.
* A excursión non inclúe comida nin bebida.
* A reserva non será válida ata recibir o pagamento.
* A visita está suxeita á autorización e dispoñibilidade do Parque Nacional.
* No caso de non obter subvención, o transporte ata o Grove será responsabilidade de cada familia.
* Lembramos que para participar nas actividades do ANPA é necesario estar ao día cos pagamentos.
Para calquera dúbida, podedes contactar co ANPA polas canles habituais.
Animádevos a participar! É un plan perfecto para gozar da natureza en familia.