Dende a ANPA A Barxa, como cada ano, estamos a organizar unha saída familiar ás Illas Cíes para o sábado 7 de xuño, coa colaboración da navieira Mar de Ons.
A excursión inclúe:
• Viaxe en barco directo desde Vigo ás Illas Cíes
• Saída ás 10:15 h e regreso ás 20:00 h
Prezos:
• 9 € por persoa para socios/as do ANPA (a partir de 5 anos)
• 11 € por persoa para non socios/as do ANPA (a partir de 5 anos)
• Gratuíto para nenos/as de 0 a 4 anos
Reserva obrigatoria. Data límite: xoves 10 de abril
As prazas son limitadas e serán tramitadas por orde de inscrición, tendo prioridade as familias socias.
Para formalizar a reserva, é imprescindible:
- Cubrir o seguinte formulario, incluíndo os datos de todas as persoas da unidade familiar que vaian participar:
https://forms.gle/qDf1fCNeiVGNHZUEA - Realizar o pago na conta do ANPA:
• IBAN: ES51 0049 5470 5224 1610 6902
• Concepto: CÍES + apelidos da familia principal + número de persoas que viaxan
• Será preciso remitir o xustificante de pago ao correo do ANPA: anpa.garcia.barbon@gmail.com
A excursión non inclúe comida nin bebida.
Deben ser facilitados mediante o formulario os datos de todos os viaxeiros, incluídos os menores de 5 anos.
A reserva non será válida ata recibir o pago correspondente.
A excursión está suxeita á dispoñibilidade de prazas no Parque Nacional, polo que canto antes se envíen os datos, máis garantía teremos de conseguir o permiso.
Lembramos a todas as familias que para facer uso das actividades que leva a cabo o ANPA deben estar ao día cos pagos.
Para calquera dúbida, podedes contactar coa ANPA a través dos canais habituais.
Animádevos a participar! É unha ocasión estupenda para gozar dunha xornada familiar no paraíso natural das Illas Cíes.