OBXECTIVOS ACTIVIDADE
 Adquirir a disciplina, actitudes e comportamentos necesarios para a
práctica do deporte en equipo.
 Fomentar valores como o compañeirismo, o respecto, o esforzo e
o compromiso, que favorecen o traballo en equipo.
 Mellorar as capacidades físicas e coordinativas xerais e específicas
propias do deporte e en concreto do baloncesto,
 Aprender as normas do xogo e adquirir as aptitudes e habilidades
necesarias para cumprilas.
 Aprender e mellorar os fundamentos técnico-tácticos propios do
baloncesto.

 Educar na competición, na esixencia de dar o máximo, saber gañar
e perder.

EQUIPOS
Sempre que sexa posible todos os nenos a partir de terceiro de primaria que se apunten ao comezo da actividade terán a posibilidade de xogar en equipos federados.
Os nenos de primeiro e segundo de primaria terán un seguro deportivo e
xogarán torneos baby organizados aproximadamente cada mes e medio.

Idades: 1º ata 6º de primaria