Matinal e Comedor Curso 2020/2021

                         

Estimadas familias,

Despois da asamblea de Foanpas de onte, comunicamos a posta en marcha dos servizos de aula matinal e comedor.

 

  • A MATINAL comezará este próximo XOVES DÍA 1. Lembramos que trasládase este servizo ó comedor e as familias deben acceder dende a escalera exterior deste espazo, na parte posterior do centro. Os primeiros días colocaránse carteis informativos.

 

Este curso teremos dúas monitoras para dar un mellor servizo as crianzas e cumplir coa ratio fixada no protocolo. A tarifa individual mantense en 30 euros e o prezo para dous irmás sube 5 euros, pasando a ter una tarifa de 50 euros.

 

  • Polo momento NON temos data de comezo do COMEDOR, informarase en canto se concrete con Foanpas e Arume.

 

Queremos lembrar a saturación do noso comedor, situación que se ven arrastrando dende hai varios cursos e que vai en aumento. Para organizar coa empresa proveedora o servizo, solicitamos que todas as familias que vaian a mandar as súas crianzas, confirmen mediante whats app, mail…, que manteñen a praza e os días que necesitan. Así mesmo, as familias que xa non desexen manter a praza de comedor para este curso, aínda que o solicitaran, comuniquen a baixa polos mesmo medios. Agradecemos que estas comunicacións fáganse o longo desta semana, para ter o venres unha previsión real.

 

Dada a especial situación na que vai comezar o servizo de comedor este curso e a saturación do mesmo, vémonos obrigados a eliminar a posibilidade de comensais esporádicos.

 

Sentimos as molestias que esta situación xenerou nas familias pola dificultade de conciliar en moitos casos.

Grazas pola vosa comprensión.