COMUNICADO URXENTE

ASUNTO: ACTIVIDADES EXTARESCOLARES 2019-2020

Co motivo das obras de reforma que se están a levar cabo no centro escolar e por motivos de seguridade, dende a ANPA, vémonos na obriga de suspender as actividades extraescolares que teñen lugar nas instalacións do colexio ata o vindeiro de mes de Xaneiro de 2020.
En canto ao servizo de comedor non haberá modificacións continuando o horario e as datas xa habituais.
LEMBRADE: AS ACTIVIDADES
EXTRAESCOLARES A DESENVOLVER NO RECINTO
ESCOLAR QUEDAN SUSPENDIDAS ATA XANEIRO 2020.

Calquera outra nova que teñamos ao respecto seravos comunicada de inmediato coa
finalidade de organizar o curso do xeito máis favorable ante esta situación que nos agarda.
Unha vez máis, aproveitamos o comunicado para agradecervos a colaboración en prol dun mellor funcionamento da ANPA. Así como recordarvos que para calquera dúbida, consulta ou aportación estamos sempre a vosa disposición.

Descarga aquí o comunicado.