Estimadas familias,

A ANPA está a organizar unha excursión as Illas Cíes o vindeiro domingo 16 de Xuño. A información sobre a excursión é a seguinte:

Saída do porto de Vigo: 10:15 a.m. Regreso das Illas Cíes:  19:15  (*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

  • O prezo será o seguinte (bebida e comida non incluída):

Familias Socias: 6.5€  e irmáns/ás de socios (nenos/as que sexan alumnos do colexio, de balde).
Familias Non Socias: 10 €
Nenos/as de 0 a 5 anos de balde.

  • Prazo de inscrición e pago da actividade (prazas limitadas):

Socios: 23-28 de maio  ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA

Non socios: os días 29 de maio, no local da ANPA (só no caso de quedar prazas)

O pago realizarase en efectivo no momento da inscrición. Pregámosvos que acheguedes o importe exacto.

A inscrición realizarase no local da ANPA nos prazos sinalados en horario de 9:00 a 9:30 h e de 13:30 a 19:00 h. A venda de billetes rematará ao final do prazo ou no momento no que se esgoten as prazas, que se asignarán por rigorosa orde de inscrición. As familias poderán adquirir tantos billetes como nenos/as estean escolarizados/as no centro máis outros dous billetes a maiores.

  • Recollida dos billetes:

Os billetes recolleranse no local da ANPA dende o 10 ao 14 de xuño en horario de 9:00 a 09:30 h e de 13:30 a 19:00 h.. É imprescindible presentalos o día da excursión.

As prazas asignaranse por rigoroso orden de inscrición.

Podes descargar aquí a folla de inscripción para imprimila e entregala