Estimado socio/a
Por medio da presente convocámolo/a á ASEMBLEA XERAL ORDINARIA da ANPA “A BARXA” que terá lugar o vindeiro mércores 17 de outubro de 2018, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e as 19.00 horas en segunda convocatoria no salón de actos do CEIP García Barbón.
Os temas que se tratarán na Orde do día son:
- Sometemento para aprobación da acta da sesión anterior.
- Presentación e aprobación se procede das contas do exercicio escolar 2017 – 2018 e aprobación do presuposto para o curso escolar 2018 – 2019:
- Presentación dos proxectos da ANPA
- Rogos e preguntas
Inmediatamente despois da celebración da Asemblea Ordinaria terá lugar a celebración de ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA, co seguinte Orde do día:
- Elección de novos cargos da Xunta Directiva da Anpa “A Barxa”, por ter presentado a súa renuncia a continuar no posto os seguintes cargos: Secretaria, Tesoureira e catro vogais.
- Renovación dos restantes cargos da Xunta Directiva: Presidente e 4 vogais.
Os interesados en cubrir os postos vacantes, poderán presentar a súa candidatura por escrito na sede da Anpa en calquera momento antes da celebración da Asemblea.
Vº e pr O Presidente A Secretaria
Rubén Mariño Bastos Isabel Teijeira Rodríguez
- No caso de imposibilidade de acudir á Asemblea, recordade que podedes delegar o voso voto noutro/a socio/a asistente á Asemblea, para o cal está dispoñible no local da Anpa un MODELO DE DELEGACION DE VOTO.