Estimadas familias,

A ANPA está a organizar unha excursión as Illas Cíes o vindeiro 3 de Xuño. A información sobre a excursión é a seguinte:
Saída do porto de Vigo: 11:30 a.m.
Regreso das Illas Cíes: 20:30 p.m.
(*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.

O prezo será o seguinte (bebida e comida non incluída):
 Socios/as: 7 € pais, nais, nenos/as e irmáns
 Non Socios/as: 10 € adultos e nenos/as
 Nenos/as de 0 a 2 anos de balde

Prazo de inscrición e pago da actividade (prazas limitadas: 245):
 Socios/as: Dende o 24 de maio (en horario de 9:00 a 10:00, de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00) ao 28 de maio ata as 10:00 da mañá ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).
 Non socios/as: en caso de sobrar prazas, o día 28 de maio, no local dá ANPA de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00 (pago efectivo no momento da inscrición).

Recollida dos billetes
Os billetes recolleranse no local dá ANPA dende o 31 de maio ao 1 de xuño, en horario de 9:00 a 10:00, de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00) . E imprescindible presentalos o día da excursión.

As prazas asignaranse por rigoroso orden de inscrición.

Para axilizar, podedes descargar aquí o formulario de inscripción para imprimir en casa e levalo xa prepardo a ANPA.