Dende a ANPA, convócase a vacante do posto de Coordinador/a de actividades extraescolares e comedor.
Características do posto: Persoa responsable con capacidade de traballo para coordinar e dinamizar as actividades extraescolares e do comedor xestionado dende a ANPA A BARXA, do Colexio García Barbón en Vigo.
Funcións: -Tarefas administrativas (control de asistencia ao comedor e incidencias, contabilidade da asociación, solicitude de subvencións, memorias, informes mensuais a FOANPAS, xestión de base de datos e remesas, envío de avisos, elaboración de grupos e horarios de actividades, difusión de actividades nas redes sociais, asistencia para a coordinación de eventos e festas) -Servir de contacto e referente a pais e nais do colexio
-Seguemento e coordinación cos/as monitores/as das actividades -Supervisión e atención do alumnado participante nas activdades da ANPA -Calquera outra actividades inherente ao funcionamento da ANPA
Valorarase: -Formación específica vinculada ao posto ofrecido (Animación Sociocultural, Monitor/a de tempo libre, Maxisterio…) -Capacidade de organización, habilidades de comunicación, empatía e iniciativa. -Experiencia de traballo con menores e/ou en entornos educativos -Manexo do paquete office a nivel “usuario/a”
Condicións do posto: -Contrato de traballo de 30 horas semanais -Horario de traballo a partir das 13.00h
As persoas interesadas deben de cubrir o seguinte formulario e envialo antes do 30 de novembro ás 24.00h a través deste enlace (que xa non esta disponible porque rematou o plazo, farase agora o proceso de selección).
Ás persoas que mellor se adapten ao posto ofertado solicitaráselle o posterior envío do Curriculum Vitae e entrevista persoal. A selección das candidaturas realizaranse polo equipo avaliador da Xunta Directiva da ANPA a Barxa.
Nota informativa: En ningún caso será aceptados CV´s entregados fora do formulario on line preestablecido(nin polo correo electrónico da ANPA, nin no propio local da asociación)
20 novembro de 2017
Xunta Directiva ANPA A Barxa