vigo_natacion

Información Competición natación Domingo 17/01/16

1.Todos os nenos/as deberán presentarse na Piscina do Carme, Travesas (R/ Do Carme, 4), no seguinte horario:
-Categoría benxamín (2004-2007): 9:00 h.
-Categoría promesa(2008-2010): 11:00 h.

2.Deberán ir provistos de:
-Zapatillas, toalla, traxe de baño e complementos de aseo persoal.
-A ANPA porá os gorros e as camisetas (para que todos vaian iguais e distinguilos mellor).

3.Para calquera dúbida que poda xurdir poderedes chamar a partir do venres 15 de xaneiro, pola tarde, ao teléfono que se especifica a continuación: 660 175 215, e contactar coa persoa responsable da actividade: Cayetana García-Picher (Tana)

4.Todos/as aqueles nenos/as que non poidan asistir, deberán comunicalo con antelación para estar sobreaviso e non prexudicar o transcurso normal da competición.

5.Os pais/nais deberán deixar os nenos/as na porta da piscina, onde as/os responsables da actividade estaranos esperando, e posteriormente dirixirse as bancadas da piscina para ver a competición. Así mesmo tamén deberán recollelos no mesmo sitio no seguinte horario:
-Benxamíns: 11:00 h.
-Promesas: ao finalizar a competición.

Informamos que ao ser a última xornada, farase a entrega de trofeos e medallas aos colexios e que os nenos/as terán que quedarse ata o remate.
Pregamos a tódolos pais/nais a máxima puntualidade para non xerar atrasos no inicio da competición, e para favorecer unha boa organización da actividade.