FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo, baixo o título: “Prevención nos trastornos do comportamento alimentario”
Estará impartida por Marián García Míguez, psicóloga da Asociación de Anorexia e Bulimia de Pontevedra (ABAP).
Nela remarcarase a importancia de comer en familia, dunha dieta equilibrada, do respecto cara a un mesmo e cara aos/ás demais, dun autoconcepto real, etc.
A charla terá lugar o Xoves 8 de Outubro ás 18:00 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.
A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 7 de outubro. Agardamos sexa do voso interese.