Grazas ás obras de ampliación do comedor escolar que o concello de Vigo realizou no noso colexio podemos comunicarvos que finalmente haberá praza no comedor para todos os alumnos/as que o solicitastes, non quedará ninguén fóra.
Os que queiran realizar modificacións nos dias de asistencia no mes de inicio que o comuniquen á ANPA o antes posible.