Hoxe é un día especial para todos nos. Podemos dicir que as obras da ampliación do comedor xa están en marcha e a promesa de telo funcionando para o vindeiro curso vai no bo camiño. Para nos a conciliación da vida laboral e familiar é que teñan plaza no comedor todos os nenos e nenas que o necesiten e pronto será unha realidade no cole. Parabéns a todos e grazas a todos os que traballaches para chegar aquí.