comedor

Infórmase a tódolos/as pais/nais da publicación das bases reguladoras e convocatoria específica para a concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria, do concello de Vigo – curso 2015-2016.

Poden consultar ditas bases no taboleiro oficial de anuncios da casa do concello, nos centros de servizos sociais municipais e na páxina web do Concello de Vigo www.vigo.org ou descargar as bases nesta web e tamén o formulario de solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes do 17 de abril ó 11 de maio 2015, ámbolos dous incluídos.

 

concello