vigo_natacion
Información sobre a competición de natación do Domingo 08/03/15

1.Todos os nenos/as deberán presentarse na Piscina do Carme, Traviesas (R/ Do Carme, 4), no seguinte horario:
a.Categoría benxamín (2003-2006): 8:45 h.
b.Categoría promesa(2007-2009): 11:30 h.

2.Deberán ir provistos de:  Zapatillas, toalla, traxe de baño e complementos de aseo persoal.
A ANPA porá os gorros e as camisetas (para que todos vaian iguais e distinguilos mellor).

3.Para calquera dúbida que poda xurdir poderedes chamar a partir do venres 6 de marzo, pola tarde, ao teléfono que se especifica a continuación: 660 175 215, e contactar coa persoa responsable da actividade.
Cayetana García-Picher (Tana)

4.Todos/as aqueles nenos/as que non poidan asistir, deberán comunicalo con antelación para estar sobreaviso e non prexudicar o transcurso normal da competición.

5.Os pais/nais deberán deixar os nenos/as na porta da piscina, onde as/os responsables da actividade estaranos esperando, e posteriormente dirixirse as bancadas da piscina para ver a competición. Así mesmo tamén deberán recollelos no mesmo sitio no seguinte horario:
a.Categoría benxamín (2003-2006): 11:30 h.
b.Categoría promesa(2007-2009): 14:00 h.

Todos/as os nenos poderán quedarse, se o prefiren, ata o final da convocatoria previo aviso dos pais/nais as responsables da actividade.
Pregamos a tódolos pais/nais a máxima puntualidade para non xerar atrasos no inicio da competición, e para favorecer unha boa organización da actividade.
Todos/as aqueles que non poidan asistir, por favor, avisadeo canto antes no local da ANPA.
ANPA “A BARXA”