Inda que no BOP de Pontevedra as BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS A FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS EN ENSINO OBRIGATORIO saen publicadas hoxe, ata o día despois de que saia publicado o extracto da orde non será posible solicitar a subvención.
Desde a Anpa «A Barxa» agradecemos a toda a comunidade educativa a súa participación nas actividades desenvolvidas a través do programa «Coeducando na Barxa 4».Estas actividades foron posibles grazas á Secretaría Xeral de Igualdade: RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.Con estas actividades dende a Anpa queremos contribuir a construír unha sociedade libre de violencia de xénero e concienciar da importancia dunha educación en igualdade.
Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade: RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022
Lola Ferreiro Díaz- Doutora en medicina e especialista en educación, saúde e perspectiva feminista
Contido: Con esta acción de formación e debate posterior pretendese amosar ás familias e profesorado que a coeducación debe ser afectiva, emocional e sexual. Lola Ferreiro pretende con esta acción trasladar ás familias a relevancia da coeducación, pois coeducar consiste en educar en igualdade dende a diferenza, tendo en conta todos os aspectos que se consideran positivos e necesarios para a formación dunha persoa, independentemente do seu sexo. E tamén abordara a violencia de xénero a través da idea de “violencia simbólica”, que é aquela que nos chega a través da prensa, dos filmes, da literatura… e que sirve para devaluar e ocultar o maltrato, e que normalicemos determinados comportamentos.
Metodoloxía: O obradoiro combinara unha parte teórica con dinámicas participativas, e debate posterior.