
Menú 22 de decembro

Boas tardes, desde o Coliseum chegounos un comunicado comentando o cambio de cotas a partir de Xaneiro.
1 Día á semana: 34€ / Mes
2 Días á semana: 49€ / Mes
Ás familias socias do ANPA manteráselles o desconto acordado do 15% aplicado sobre os importes antes indicados.
Puxémonos en contacto con eles e dixéronnos que teñen que cambiar as cotas debido ao forte incremento da factura enerxética e demais materiais necesarios para o mantemento da instalación. Se mantiñan os prezos anteriores terían que baixar a temperatura da auga. Se tedes calquera discrepancia ao respecto debedes poñervos en contacto directamente co Coliseum, xa que nós non xestionamos as cobranzas, xestionamos o acceso á actividade.
Boas tardes,
animámosvos a participar na decoración das árbores de Nadal que van decorar o cole.
Os adornos teñen que ser como máximo de 9×9 cm e planos, pegaranse na árbore.
Podedes usar a técnica para crealos que máis vos guste: colaxe, temperas, pinturas,…..
Data de entrega: a partir de mañá , mércores 14 no local do ANPA
Horario: 9.00-9.30 h e 12.30-18.30h
O 16 e 17 de decembro agárdanos unha fin de semana moi especial para o noso público máis novo, na compaña de catro das artistas participantes na exposición FUTURE STORIES.
Gratuíto. Reserva a túa praza:
Tel. 986 113900 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla MARCO
Horario taquilla: martes a sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00; domingos de 11.00 a 14.30
VENRES 16 de decembro
“UN REFUXIO PROPIO”
Conducido por Raquel Álvarez Méndez e Lucía Perdiz Dávila (artistas exposición FUTURE STORIES)
Para participantes de 7 a 12 anos
Horario: de 18.00 a 20.00
Lugar: Espazo Anexo e salas de exposición
Gratuíto. Previa inscrición. Máximo 25 participantes
SÁBADO 17 de decembro
“PENSANDO-NÓS”
Conducido por Juncal A. Castro e Antía Encisa (artistas exposición FUTURE STORIES)
Para: participantes de 3 a 12 anos
Horarios:
De 11.00 a 12.30 = Grupo 1 (de 3 a 6 anos)
De 12.30 a 14.00 = Grupo 2 (de 7 a 12 anos)
Lugar: Espazo Anexo e salas de exposición
Gratuíto. Previa inscrición. Máximo 25 participantes por grupo de idade
[Cada participante (só Grupo 1) traerá de casa unha foto impresa da súa cara, en tamaño A4]
Os días 12-13-14 e 15 de decembro no local do Anpa farase unha recollida de alimentos para a ONG «A las 5».
Podedes traer todo tipo de alimentos desde a ONG coméntannos que o que mais necesitan:
E podedes traer productos de navidad tamén.
Os legumes preferiblemente non porque tardan bastante en cociñarse e ás veces hai que elixir entre cociñar 2 horas as legume ou ducharse con auga quente, mellor conservas.
O Horario de recollida é de 12.30 a 18.30h
Os adxuntamos os diferentes menús de mes de decembro.