Desde a Anpa “A Barxa” agradecemos a toda a comunidade educativa a súa participación nas actividades desenvolvidas a través do programa “Coeducando na Barxa 4”.Estas actividades foron posibles grazas á Secretaría Xeral de Igualdade: RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.Con estas actividades dende a Anpa queremos contribuir a construír unha sociedade libre de violencia de xénero e concienciar da importancia dunha educación en igualdade.