Boas tardes Dende a Comisión de comedores de FOANPAS e ARUME, Convídannos o vindeiro luns 7 de novembro as 17.00 no CEIP ILLAS CIES na rúa Castelao nª 59 a charla informativa : “Alimentación saudable nos comedores escolares” . Impartida por : O departamento de nutrición e dietética de ARUME. Carlos Sanmartín González ( Diplomado en nutrición e dietética) Inés Barciela Cabaleiro ( Técnico superior en dietética e nutrición)
Rogase confirmedes asistencia no correo comedores@foanpas.com ou chamando o 986298812
VERO RILO: ELAS Vero Rilo faránnos chegar neste espectáculo fermosas historias contadas coa incrible capacidade de narrar de Vero.
En Elas falarase de historias ben sorprendentes protagonizadas por mulleres e fiadas por pequenas correntes de auga e emocións. Historias que nacen na Fonte dos Lagares, na comarca do Bergantiños, historias que traen á nosa memoria outros tempos, pero de total actualidade en canto a ensinanzas, reivindicacións e valores á transmitir ás nosas crianzas. Na auga aboian lendas e historias reais que Vero recolle na procura das emocións, da diversión e da necesidade de recuperar o noso patrimonio
Data: sábado, 15 de outubro
Hora: 18.00 h
Lugar: Auditorio Municipal de Teis
As persoas que vos inscribíchedes para a obra de teatro de mañá non se vos está mandando ningunha confirmación porque polo momento hai aforo. Non hai entradas físicas. Mañá na porta haberá varios membros da ANPA ca listaxe das familias que vos anotáchedes. Os que aínda non vos anotáchedes,lembravos que aínda quedan plazas e animámosvos a participar! https://forms.gle/fUHVZbTLfFmAysrWA
Actividade financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade: RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022