Matinal e Comedor Curso 2020/2021

                         

Estimadas familias,

Despois da asamblea de Foanpas de onte, comunicamos a posta en marcha dos servizos de aula matinal e comedor.

 

  • A MATINAL comezará este próximo XOVES DÍA 1. Lembramos que trasládase este servizo ó comedor e as familias deben acceder dende a escalera exterior deste espazo, na parte posterior do centro. Os primeiros días colocaránse carteis informativos.

 

Este curso teremos dúas monitoras para dar un mellor servizo as crianzas e cumplir coa ratio fixada no protocolo. A tarifa individual mantense en 30 euros e o prezo para dous irmás sube 5 euros, pasando a ter una tarifa de 50 euros.

 

  • Polo momento NON temos data de comezo do COMEDOR, informarase en canto se concrete con Foanpas e Arume.

 

Queremos lembrar a saturación do noso comedor, situación que se ven arrastrando dende hai varios cursos e que vai en aumento. Para organizar coa empresa proveedora o servizo, solicitamos que todas as familias que vaian a mandar as súas crianzas, confirmen mediante whats app, mail…, que manteñen a praza e os días que necesitan. Así mesmo, as familias que xa non desexen manter a praza de comedor para este curso, aínda que o solicitaran, comuniquen a baixa polos mesmo medios. Agradecemos que estas comunicacións fáganse o longo desta semana, para ter o venres unha previsión real.

 

Dada a especial situación na que vai comezar o servizo de comedor este curso e a saturación do mesmo, vémonos obrigados a eliminar a posibilidade de comensais esporádicos.

 

Sentimos as molestias que esta situación xenerou nas familias pola dificultade de conciliar en moitos casos.

Grazas pola vosa comprensión.

Natación Escolar Tempada 20-21 na Piscina Municipal de Teis

Bos días, comunicarvos que vai empezar os cursos de natación da piscina de Teis en outubro.
Podedes preinscribiros a través do whatsaap, correo electrónico, aplicación ou vía telefónica.
Dando os datos do alumno/a curso e grupo.
Prazo de preinscrición é ata o 28 de setembro xa que o curso de piscina empeza o próximo 1 de outubro.
Aforo limitado, as prazas confirmaranse por orde de inscrición.

Teis 20-21

Aula matinal Curso 2020

Adxuntamos información sobre os cambios no servicio de aula matinal, sen
data de comezo polo momento. Todo aquel que esté interesado/a, debe
comunicalo ó Anpa para ter unha previsión de usuarios real. En canto
sexa posible o seu comezo o comunicaremos.
INFORMAREMOS EN CANTO SEXA POSIBLE DA DATA DE INICIO DESTE SERVICIO.

AULA MATINAL CURSO 2020

CONVOCATORIA DE REUNIÓN FAMILIAS CO COLEXIO PARA O INICIO DE CURSO

Debido a situación que estamos a vivir, o colexio quere ter unha reunión antes do inicio do curso para poder explicarvos as medidas que se van a adoptar no centro para facer un entorno seguro para familias, profesorado e alumnado.

Pedimos que fagades difusión desta mensaxe.

Queremos transmitirvos unhas recomendacións que debemos cumprir polo ben de todos e todas:

Só pode acudir un membro da familia por alumno/alumna
Traer máscara e manter a distancia de seguridade
Seguir as indicacións ata o pavillón, que é o lugar da reunión
No seguinte cadro tendes a hora e o dia da reunión establecida para o curso correspondente

DÍA CURSO HORA
07/09 17:00
07/09 18:30
08/09 6º E. Infantil 10:00
08/09 5º E. Infantil  17:00
08/09 18:30
09/09 10:00
09/09 12:00
09/09

Xa estamos de volta

Xa estamos de volta.
O horario de oficina do ANPA é de 9:00h ata as 13:00h.
Podes poñerte en contacto con nos a través do:
  • Móbil
  • WhatsApp
  • Correo electrónico
  • Páxina web
  • A app  «ANPA A BARXA»
Se precisas pasar pola oficina debes concertar cita previa
Moitas grazas