Informarvos que xa tedes disponible o menú do “comedor escolar” correspondente ao mes de Xuño de 2018. Lembrade que tamén atópase clicando na páxina “Comedor” e seleccionando logo o mes adecuado.
Arquivos mensuais: Maio 2018
Inscripción a ANPA e Comedor para o curso 2018-2019

Se queredes podedes descargar aquí o formulario para cubrir con letra lexible e entregalo no local da ANPA, data tope o 15 de Xuño.
Asemblea Xeral da ANPA
Estimado/a socio/a,
Convocámolo/a á Asemblea Xeral Ordinaria da ANPA “A BARXA” que terá lugar o vindeiro xoves 14 de xuño de 2018, ás 18.30 horas en primeira convocatoria e as 19.00 horas en segunda convocatoria na nosa sede social.
Os temas que se tratarán na Orde do día son:
1. Sometemento para aprobación da acta da sesión anterior.
2. Presentación e sometemento para aprobación a modificación da partida económica destinada a adquisición de ordenadores “Chromebooks”.
3. Sometemento para aprobación da tarifa, 2018 – 2019, para o comedor segundo as novas indicacións remitidas por FOANPAS.
4. Renovación de cargos da Xunta Directiva da ANPA para o curso 2018 – 2019
5. Rogos e preguntas
Vº e pr O Presidente
Rubén Mariño Bastos
A Secretaria
Isabel Teijeira Rodríguez
Exhibicións das actividades extraescolares 2018
As exhibicións das actividades extraescolares do curso 2017-2018 faranse nos seguintes días e horas:
Kung-Fu: o 28/05/18 ás 16:15 no “Pavillón” (fora se non chove)
Patinaxe: o 29/05/18 ás 16:00 no “Pavillón”
Ximnasia Rítmica: o 31/05/18 ás 16:00 no “Pavillón”
Inglés: o 04/06/18 ás 16:00 no “Pavillón”
Teatro: o 07/06/18 ás 17:00 en “Usos múltiples”
Excursión Illas Cíes
Estimadas familias,
A ANPA está a organizar unha excursión as Illas Cíes o vindeiro 3 de Xuño. A información sobre a excursión é a seguinte:
Saída do porto de Vigo: 11:30 a.m.
Regreso das Illas Cíes: 20:30 p.m.
(*) Haberá que presentarse 30 minutos antes no porto de saída e de regreso, para o embarque.
O prezo será o seguinte (bebida e comida non incluída):
Socios/as: 7 € pais, nais, nenos/as e irmáns
Non Socios/as: 10 € adultos e nenos/as
Nenos/as de 0 a 2 anos de balde
Prazo de inscrición e pago da actividade (prazas limitadas: 245):
Socios/as: Dende o 24 de maio (en horario de 9:00 a 10:00, de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00) ao 28 de maio ata as 10:00 da mañá ou ata esgotar as prazas, no local da ANPA (pago efectivo no momento da inscrición).
Non socios/as: en caso de sobrar prazas, o día 28 de maio, no local dá ANPA de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00 (pago efectivo no momento da inscrición).
Recollida dos billetes
Os billetes recolleranse no local dá ANPA dende o 31 de maio ao 1 de xuño, en horario de 9:00 a 10:00, de 13:30 a 15:00 e de 15:30 a 18:00) . E imprescindible presentalos o día da excursión.
As prazas asignaranse por rigoroso orden de inscrición.
Para axilizar, podedes descargar aquí o formulario de inscripción para imprimir en casa e levalo xa prepardo a ANPA.
17 e 18 de Maio
Lembrade que o 17 e 18 de Maio son non lectivos e polo tanto non haberá comedor nin clase.
Campamento de Verán 2018
O Menú de Maio 2018
Informarvos que xa tedes disponible o menú do “comedor escolar” correspondente ao mes de Maio de 2018. Lembrade que tamén atópase clicando na páxina “Comedor” e seleccionando logo o mes adecuado.