Entradas para Balaídos

Entrada_Balaidos

As entradas para os partidos de Balaídos solo as poderemos repartir entre os/as alumnos/as de Primaria e non as poderan levar os/as alumnos/as de infantil.

Por mor de diversas incidencias e como así reflexan as “bases reguladoras e convocatoria de subvención para fomentar os valores sociais do deporte como actividade de ocio entre a poboación escolar, colectivo de discapacitados e persoas economicamente desfavorecidas, facilitando o seu acceso ao estadio de Balaídos para presenciar, desde a denominada grada de fondo do estadio, os partidos que disputará o real club celta de Vigo na presente tempada 2015/2016 da división de honor de fútbol, nas competicións de liga e copa” nas que di literalmente na súa base sexta.- requisitos dos beneficiariosque poderán ser beneficiarios desta axuda os escolares dos colexios públicos de educación primaria e os acompañantes maiores de idade…”,

É polo que, FOANPAS comunícanos que, a partir do vindeiro partido de liga Celta-Español do sábado, 12 de decembro de 2015, ás 18.15 horas (inclusive), non se repartirán estas entradas ós colexios públicos de Educación Infantil, así como os centros escolares de Educación Infantil e Primaria non poderán repartir entradas entre o seu alumnado de Educación Infantil.

Liga de Natación Escolar

vigo_natacionComo cada ano, vai comezar a Liga Interescolar de natación. Abrimos o prazo de inscrición, todos/as aqueles/as que queirades participar, pasar polo local do ANPA a anotarvos.

As datas das Xornadas serán as seguintes:
– 17/01/2016 – 28/02/2016 – 24/04/2016 – 12/06/2016

¡Animádevos!

O reno solidario

unnamedOs rapaces e rapazas de segundo de primaria do noso colexio, participaron nunha actividade benéfica para a asociación Síndrome de Down que consistía en decorar un reno.
O reno xa está colocado no Centro Comercial «Gran Vía» e atópase situado en Planta 1, pola zona de Bershka e Springfield.

Pechado por obras

pepe-gotera-y-otilioInformamos a tódolos pais/nais que o local do ANPA permanecerá pechado por obras, dende o venres 20/11/15 as 16:00 h. ata o martes 24/11/15 as 9:00 h.

Para calquera aviso ou información pódense por en contacto con nos a través do número 660175215 ou por correo electrónico na dirección anpa.garcia.barbon@gmail.com

Grazas pola vosa colaboración e perdoade as molestias.