Entradas para Balaídos

Entrada_Balaidos

As entradas para os partidos de Balaídos solo as poderemos repartir entre os/as alumnos/as de Primaria e non as poderan levar os/as alumnos/as de infantil.

Por mor de diversas incidencias e como así reflexan as “bases reguladoras e convocatoria de subvención para fomentar os valores sociais do deporte como actividade de ocio entre a poboación escolar, colectivo de discapacitados e persoas economicamente desfavorecidas, facilitando o seu acceso ao estadio de Balaídos para presenciar, desde a denominada grada de fondo do estadio, os partidos que disputará o real club celta de Vigo na presente tempada 2015/2016 da división de honor de fútbol, nas competicións de liga e copa” nas que di literalmente na súa base sexta.- requisitos dos beneficiariosque poderán ser beneficiarios desta axuda os escolares dos colexios públicos de educación primaria e os acompañantes maiores de idade…”,

É polo que, FOANPAS comunícanos que, a partir do vindeiro partido de liga Celta-Español do sábado, 12 de decembro de 2015, ás 18.15 horas (inclusive), non se repartirán estas entradas ós colexios públicos de Educación Infantil, así como os centros escolares de Educación Infantil e Primaria non poderán repartir entradas entre o seu alumnado de Educación Infantil.