Actividade de «ioga»

cancelado

Lamentamos comunicar que a actividade de IOGA (martes de 17:00-18:00), non se levará a cabo debido a non ter o número mínimo de nenos.

Perdoen as molestias.

Entrada para o Celta – Xetafe

Entrada_Balaidos
Temos entradas para asistir a Balaídos ao partido Celta-Xetafe na grada de Fondo o próximo venres 2 de setembro ás 20:30. Tódolos/as interesados/as podedes pasar polo local da ANPA e anotarse ao sorteo que faremos.

Ampliación do prazo (Actividades extraescolares)

Reloj-01

Informamos a tódolos/as país/nais, que amplíase o prazo de presentación das solicitudes de extraescolares ata o venres 26 de setembro para as seguintes actividades:

-Ioga – Martes de 17:00 a 18:00
-Inglés – 4º e 5º INF – Martes e Xoves de 15:00 a 16:00

Os/as alumnos de 5º INF que estean interesados en inglés martes e xoves, poden anotarse neste grupo que nun principio era para 4º INF.

Entradas para ver ao Celta en Balaídos

Entrada_Balaidos
A partir do mes de Outubro, todos/as aqueles/as que queiran entradas para ver ó Celta en Balaídos terán que anotarse no local da ANPA e farase un sorteo entre os inscritos en tódolos partidos.

Esta tempada só teremos entradas (grada de Fondo) para os seguintes partidos:

13/09/2015: Celta–Las Palmas
04/10/2015: Celta–Getafe
25/10 /2015: Celta–Real Madrid
06/12/2015: Celta-Español
10/01/2016: Celta-Atlético de Madrid
07/02/2016: Celta-Sevilla
02/03/2016: Celta-Villarreal
03/04/2016: Celta-Coruña
24/04/2016: Celta-Granada

Como sabedes, as datas, de momento, son aproximadas.

Charla sobre «trastornos alimentarios»

image-17973

 

FOANPAS ofrece unha charla coloquio dirixida á comunidade educativa dos centros de ensino público de Educación Infantil, Educación Primaria e Secundaria de Vigo, baixo o título: “Prevención nos trastornos do comportamento alimentario»
Estará impartida por Marián García Míguez, psicóloga da Asociación de Anorexia e Bulimia de Pontevedra (ABAP).
Nela remarcarase a importancia de comer en familia, dunha dieta equilibrada, do respecto cara a un mesmo e cara aos/ás demais, dun autoconcepto real, etc.
A charla terá lugar o Xoves 8 de Outubro ás 18:00 horas. Será no Salón de Actos do Instituto Municipal de Educación (IME), sito en Camiño do Chouzo nº 2.
A inscrición pode facerse no 986 29 88 12 ou enviando un correo electrónico a foanpas@foanpas.com (con nome e apelidos, teléfono, e-mail e centro educativo ao que pertence). Ata o 7 de outubro. Agardamos sexa do voso interese.