Entradas para o Celta – Rayo Vallecano

CeltatitularO concello de Vigo fíxonos entrega de entradas da grada de fondo(1) para asistir ao partido de fútbol Celta – Rayo Vallecano que se xogará en Balaídos o sábado 9 ás 22:00. O importe destas entradas é gratuito. Só entregaremos (no local da ANPA) un máximo de 4 entradas por familia e pedímosvos o compromiso de que só collades as entradas que realmente vades a utilizar para que así máis xente teña a oportunidade de ir ao partido. Xa as podedes recoller dende hoxe ás 13:45.
(1) A grada de Fondo é unha grada a pé de campo que está detrás dunha das porterías debaixo da grada de Marcador.

Excursión: Parque dos sentidos

parquesentidosO vindeiro domingo 10 de novembro, a ANPA organiza unha excursión para pais, nais e fill@s O Parque dos Sentidos de Marín, para o cal teremos un autobús, con saída as 12 horas dende as torres de García Barbón, e chegada o redor das 17 horas, faremos unha pausa para comer. Custo da viaxe 2 euros/persoa (comida non incluída). Prazo aberto de solicitude hasta o mércores 6 por rigorosa orden de entrada.
Notas:  Os nenos deberán ir acompañados por un adulto (máximo 3 nenos/adulto).
Si non cubrimos as prazas mínimas (50 persoas) a excursión cancelase.
Grazas pola vosa colaboración.