O vindeiro mércores día 23 de outubro ás 19:30, terá lugar no salón de actos do colexio, unha charla sobre a nova ley de educación (LOMCE), impartida polo orientador José Barral Sánchez.
Arquivos mensuais: Outubro 2013
Sobre a folga xeral de educación
Con motivo da folga xeral de educación do próximo xoves 24 de outubro, o comedor escolar permanecerá pechado tal e como aprobaron os pais/nais na última asamblea da ANPA. En canto ás actividades extraescolares, non podemos garantizar a asistencia dos monitores.
Entradas para o Celta-Levante
O concello de Vigo fíxonos entrega de entradas da grada de fondo(1) para asistir ao partido de fútbol Celta-Levante que se xogará en Balaídos o luns 21 ás 20:00. O importe destas entradas é gratuito. Só entregaremos (no local da ANPA) un máximo de 4 entradas por familia e pedímosvos o compromiso de que só collades as entradas que realmente vades a utilizar para que así máis xente teña a oportunidade de ir ao partido.
(1) A grada de Fondo é unha grada a pé de campo que está detrás dunha das porterías debaixo da grada de Marcador.
O menú de Outubro
Informarvos que xa tedes disponible o menú do “comedor escolar” correspondente o mes de Outubro 2013. Lembrade que atópase clicando na páxina “Comedor” e seleccionando logo o mes adecuado
Asemblea da ANPA
Co motivo do inicio de curso, convócase asemblea xeral anual a todos los socios do ANPA o día 16 de outubro de 2013 con 1ª convocatoria as 19h e 2º convocatoria as 19:30h, coa seguinte orde do día:
1.Aprobación da acta anterior. || 2.Presentación e aprobación das contas do curso 2012-13. || 3.Actividades realizadas pola Anpa. || 4.Comedor, situación actual e obxectivos. || 5.Actividades, situación actual e obxectivos. || 6.Rogos e preguntas.