Natación no RC Naútico

piscina-nautico (320x194)Hai saturación para facer a actividade de natación no RC Naútico os venres e é necesario cambiar nenos/as para a quenda dos xoves. Sería interesante que os que non teñades problemas para cambiarvos de día pasédesvos pola ANPA para solicitar o cambio, si non teremos que repartilos nós.

Percusión e Danza Tradicional

TamborQuedan por cubrir vacantes para poder impartir a actividade de percusión e danza tradicional, polo que se amplía o prazo de inscrición ata o día 25. Animádevos !.

Lembrade que si non se alcanza o número mínimo de apuntados/as non se poderá realizar esta actividade

Admitidos no comedor

anpa_comedorXa podedes consultar o listado dos alumnos admitidos no comedor a partir do mes de Outubro no tablón de anuncios do colexio ou no local da ANPA. Ante calquera dúbida ou erro poñervos en contacto connosco.

Entradas para o Celta-Villarreal

Celtatitular

O concello de Vigo fíxonos entrega de 80 entradas da grada de fondo(1) para asistir ao partido de fútbol Celta-Villarreal que se xogará en Balaídos o domingo 22 ás 17:00.
O importe destas entradas é gratuito. Só entregaremos (no local da ANPA) un máximo de 4 entradas por familia e pedímosvos o compromiso de que só collades as entradas que realmente vades a utilizar para que así máis xente teña a oportunidade de ir ao partido.
(1) A grada de Fondo é unha grada a pé de campo que está detrás dunha das porterías debaixo da grada de Marcador.

Bolsa de Comedor

anpa_comedorOs solicitantes da bolsa de comedor que queran asistir ao comedor no mes de setembro, deberán pagar a cuota deste mes ou non poderán asistir mentras non estean resoltos e publicados os listados definitivos das bolsas de comedor escolares.

Inscríbete na ANPA

clicksdelcoleInscribete na ANPA, forma parte da asociación de nais e pais do noso colexio, que traballa de forma desinteresada para que poida mellorar cada día, organizando entre outras cousas o comedor, as actividades extraescolares e as festas. Non tes máis que cubrir este formulario e entregalo no local da ANPA do colexio.