Como comentamos na asemblea de socios da pasada semana, desde a ANPA A Barxa unímonos a Ábaco, unha aplicación que nos axudará a mellorar a comunicación coas familias e a xestionar de forma máis sinxela e centralizada todos os servizos e actividades que ofrecemos.
Para poder utilizala, só tedes que descargar a aplicación “Ábaco Familias” dende a seguinte ligazón:
https://abacoapp.es/apps
Importante:
Para poder facer uso dos servizos da ANPA será imprescindible darse de alta na nova ferramenta, xa que o pago da cota anual deste curso realizarase exclusivamente a través de Ábaco.
Tanto as familias socias como as non socias podedes instalar a aplicación para mantervos ao día da información, avisos e comunicacións relacionadas coa comunidade educativa.
Nas vindeiras semanas iremos incorporando progresivamente os distintos servizos da ANPA. Pedímosvos comprensión e paciencia durante o proceso de adaptación.
Moitas grazas pola vosa colaboración e confianza.