Informamos de que hoxe ás 14:00 h publicaranse no tablón da entrada as listas provisionais de admitidos/as nas actividades extraescolares.
- Nas actividades con lista de espera, a listaxe móstrase por orde de matriculación, que será tamén a orde de entrada en caso de liberación de prazas.
- Lembramos que algunhas actividades poderían non realizarse por falta de quórum.
- As familias teñen ata o xoves ás 14:00 h para renunciar ás actividades asignadas no caso de non estar finalmente interesadas. A partir desa hora, desprazaranse as listas para dispoñer da listaxe definitiva de cara ao inicio das actividades a próxima semana.